Se estás libre o 19 e 20 de outubro …
Se traballas, crees, soñas, defendes o Software Libre …
Se non tes contacto co mundo do Software Libre pero estás interesado en facelo …
Se tes ganas de falar (ou escoitar) e intercambiar impresións sobre o Software Libre …
Se queres coñecer empresas que teñen como base do seu negocio o Software Libre
entón esperámoste en LibreCon en Santiago de Compostela.
Ademais, despois de LibreCon poderías:
LibreCon
É un evento internacional de Software Libre que inicialmente se chamaba Libre Software World Conference.
Esta é a VII edición e sería a 3ª vez que se celebra na Cidade da Cultura – Santiago de Compostela. Está organizado por AGASOL e ASOLIF.
O obxectivo é xerar negocio e dar a coñecer os beneficios que proporciona o uso de tecnoloxías libres.
AGASOL
É unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para promocionar e divulgar o uso do Software Libre, fomentar a promoción e colaboración das empresas de software libre, colaborar con outras asociacións de intereses comúns a través do intercambio de experiencias no campo do software libre, …
Na actualidade somos 20 empresas, a maioría micropemes.
ASOLIF
Aglutina hoxe a algo máis de 200 empresas distribuídas en asociacións rexionais máis un comité estatal, o que a converte no máximo expoñente do sector empresarial do software libre en España.
Ten como principal obxectivo defender e promocionar os intereses das organizacións empresariais de Software Libre, co fin de lograr a xeración de riqueza de forma responsable.
Foto: Juan Ramón Regueiro