Código de conduta

LibreCon 2017 é unha conferencia de traballo orientada a networking profesional e colaboración na comunidade de Software Libre. É de esperar que as persoas que asistan se comporten de acordo cos estándares profesionais e de acordo coas políticas das empresas que os empregan respecto de comportamento apropiado en lugares de traballo.

Durante os eventos que se levan a cabo en LibreCon 2017 e nas oportunidades relacionadas de networking que xurdan, as persoas que asistan non deberán involucrarse en ningún discurso ou accións ofensivas por razón de xénero, sexualidade, raza ou relixión. As persoas que vaian dar a súa ponencia deben ser especialmente coidadosos con estes temas.

A organización de LibreCon 2017 non aproba nin xustifica ningunha declaración realizada por relatores contrarias a ditos estándares.

LibreCon 2017 resérvase o dereito a denegar a entrada ou expulsar a calquera individuo que sexa descuberto involucrado en accións ou discursos ofensivos.

Por favor, poña en coñecemento da organización de LibreCon 2017 calquera preocupación neste sentido, ou contacte directamente con Agasol, a través de eventos@agasol.org

Grazas pola súa colaboración 😉